Un ano máis a AD Tomiño celebrará o vindeiro día 7, na Carballa, o seu tradicional ‘Torneo de Nadal’ de fútbol das categorías Benxamín e Prebenxamín.
A competición, que empezará ás 9 e media da mañá e estenderase ata ben entrada a tarde nas súas rondas finais, contará coa participación de Goián FC, Sporting Guardés, UD Atios, Gondomar Fútbol Base, CD Pontellas, Porriño Industrial, Erizana CF, Sárdoma CF e Rápido de Bouzas, ademais, por suposto, dos anfitrións da AD Tomiño.
A directiva da AD Tomiño quere invitar a pais, nais, familias e público en xeral a achegarse á Carballa e “desfrutar dunha xornada festiva co mellor fútbol das categorías Benxamín e Prebenxamín”.