Galicia

Pecha a campaña da nécora logo de que se vendesen desde xullo 112 toneladas por un total de 2 millóns de euros

Dende este venres, día 6 de xaneiro, queda pechada a campaña da nécora e do santiaguiño que xa non se abrirá ata o verán, no caso da nécora, e ata o vindeiro 1 de outubro para o santiaguiño, segundo informa a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O obxectivo desta medida é a de “favorecer a reprodución” e , tamén, reducir o esforzo pesqueiro que sofren estas dúas especies na nosa comunidade.

Nos meses nas que estivo aberta a campaña vendéronse nas lonxas de Galicia máis de 112 toneladas de nécora por un total de 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño vendeuse algo máis dunha tonelada por preto duns 74.000€.

También te puede interesar