'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@primaveradocine abre este xoves o período de recepción de filmes para a edición deste 2017

Este xoves ábrese o período de recepción de filmes do ‘Festival Primaveira do Cine’ de Vigo, que abranguerá desde este día 12 de xaneiro  ata o día 21 de febreiro. As produtoras e cineastas interesados en enviar os seus traballos poden acceder ás bases e ao formulario de inscrición a través da web primaveradocine.com.

Consolidado como unha cita anual ineludible do panorama audiovisual galego, o certame mantén  as  súas tres categorías orixinais: curtametraxe, longametraxe e videoclip. Ademais, por segundo ano consecutivo e con intención de permanencia, o festival contará con categorías de competición para filmes de países lusófonos.  O principal obxectivo, en palabras do comité organizador, é que Vigo “sexa soporte da cultura arraiana con Portugal e  porta do Atlántico  coas cinematografías africanas e brasileiras”.

Como principal novidade, este ano o festival contará cun xurado internacional formado por profesionais do sector audiovisual que concederá  o premio do xurado ás mellores longametraxes. Así mesmo, a organización manterá o tradicional Premio do Público, outorgado  mediante votación popular. Tamén de xeito pioneiro, e dada a tradición e calidade deste xénero cinematográfico, o festival promove a creación dunha sección exclusiva adicada á animación, concedéndolle un galardón propio e diferenciado.

Te podría interesar