Galicia

14 provincias, entre elas Ourense e Lugo, en alerta por temperaturas de ata -6 graos

As temperaturas mínimas farán que 14 provincias, entre elas Ourense e Lugo, estean en alerta este domingo por rexistros que chegarán aos 6 graos baixo cero e irán acompañadas de fortes xeadas, e descenso da cota de neve a entre 800 e 600 metros, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Segundo a previsión de MeteoGalicia, Galicia queda nunha zona intermedia entre as altas e baixas presións, os ceos presentarán intervalos anubrados, pero predominando aínda os ceos abertos, con bancos de néboa localmente persistentes en comarcas do interior.

Por cidades, as temperaturas estarán entre os 14 graos de Pontevedra e Vigo-onde o termómetro baixará ata os 2- e os 2 baixo cero de Lugo, onde non haberá máis de 10 graos en todo o día.

También te puede interesar