En Marea levará á Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia os supostos malos tratos a menores no Fogar San José de Vigo, que xestiona prazas concertadas coa Xunta.
A deputada Eva Solla, que fixo unha visista ao centro este xoves, acompañada pola tamén deputada Paula Vázquez Vera e unha representante da Administración galega, dixo que, ainda de que a denuncia coñeceuse públicamente o pasado mes de outubro, e que En Marea presentara varias preguntas parlamentarias para saber qué pasou neste centro de Vigo, “non temos informe algún da consellería, queremos que a Xunta aclare qué ocurreu e si xa se tomaron medidas e qué se vai a facer”.
Solla reclamou á consellería que aclare se a atención no centro é a axeitada e se os intereses dos menores están protexidos lembrando que En Marea prefire dar prioridade ao acollemento familiar dos menores en situación de abandono e, no caso de que haxa que acudir a un centro, que este sexa público.