O pasado martes día 24 o alcalde de Redondela , xunto con membros do seu goberno, tivo unha xuntanza cos colectivos representativos do tecido asociativo de Chapela-entre os mesmos estaban representantes da Asociación de Veciños, da Comunidade de Montes, Asociación Cultural, Afectados po la AP-9, representantes das Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS) e do Clube de Remo de Chapela- cos que falou dos distintos temas que nestes intres están de actualidade nesta parroquia.
Entre os mesmos está o da apertura da saída da autoestrada en Torres de Padín, algo que, salientan dende o Concello, “Javier Bas non so apoia senón que reclamou a Audasa os poucos meses de formar goberno”; tamén se tratou sobre a situación de agravio que está a sufrir Redondela o manterse a peaxe en Rande, e que dende que está este Goberno “conqueriuse, cando menos, que durante a semana nos traxectos de ida e volta se bonifique a volta e só se pague a peaxe de ida”, aínda así o alcalde expresou a necesidade de “seguir facendo forza e demandando a gratuidade”e xa que é un tramo pequeno e que non ten ningún sentido que se siga cobrando.
Por todo isto Javier Bas amosou a estes colectivos o seu apoio e o compromiso de seguir mantendo as demandas e seguir coa presión tanto diante de Audasa, concesionaria da AP-9, coma ante o Ministerio de Fomento.