Bombeiros de Monforte tentan de entrar nunha vivenda que se derrubou este luns no concello lucense de Bóveda, logo de arder, e na que se cre que poden atoparse os corpos de dous anciáns, un home de 95 e unha muller de 89.
O lume produciuse na parroquia de Marín sobre as 9 da mañá e o matrimonio estaba na casa porque agardan ata as 10 da mañá a que pasen os traballadores de axuda no fogar. Foi unha veciña quen avisou do incendio.
Non se sabe cómo empezou o lume, ainda que na casa había unha estufa de pellets que se acendía polo día.