É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másPreocupación pola investigación da UE sobre o proxecto Pousadas do Salnés, aprobado polo anterior goberno da Deputación
A presidenta da Deputación amosouse preocupada pola investigación que está a facer a Oficina Europea de Loita contra a Fraude sobre os fondos cos que se financiaron as Pousadas do Salnés.“Non sei cómo vai rematar a investigación, agardo que sexamos quen de solucionar o tema, pero non está na nosa man”, dixo Carmela Silva.
O goberno da Deputación, integrado por PSdG e BNG, denunciara xa ao inicio do mandato que había “moitas irregularidades” na xestión destes catro establecementos turísticos deseñados para persoas con discapacidade.
Ata hoxe so o hotel da Lanzada abriu as súas portas mentres que os de Ribadumia, Armenteira y Meaño arrastran “problemas herdados do goberno anterior” da Deputación, presidido por Rafael Louzán .
Silva sinalou que a xestión do proxecto das Pousadas do Salnés era un “escándalo” e que tiña un custo de 9 millóns “que se foi a 27 millóns de euros”. A presidenta engadiu que “todos os proxectos herdados do goberno anterior teñen problemas, irregularidades e, modificados ou sen modificar non cumprían coa lexislación”.