Destacados

@AsNevesConcello restablece o subministro eléctrico a case todos os veciños logo de que o vento deixase sen luz a centos deles

A rápida intervención do alcalde, Xosé Rodríguez Méndez, permitiu que o subministro eléctrico quedase restablecido prácticamente na totalidade do territorio do Concello de As Neves.

Centos de veciños estaban sen luz, dende as 4 da mañá deste venres, por mor dos danos causados polo temporal no tendido que atravesa a vila e que viuse cortado en varios treitos.

Dende o Concello informaban, a  primeira hora da mañá, de que a liña de media tensión en Bruñeiras estaba sen servizo pola caída dunha árbore; que a subestación de Salvaterra estaba danada; que o tramo da rúa Esperanza a Setados toña “unha avaría seria”, e que o mesmo acontecía na condución a Minas do Condado.

O alcalde púxolle á fronte dos traballos para que se recuperase canto antes o servizo, e os técnicos da empresa que realiza as reparacións para Gas Natural-Fenosa, trasladáronse aos lugares sinalados.

Rodríguez Méndez informaba, logo de manter unha conversa telefónica co delegado de Fenosa, que o mesmo aseguroulle que “esta mesma tarde estará reposto o servizo eléctrico” pero, finalmente, este estaba xa restablecido, pouco antes das 14 horas, “na maior parte do concello”.

Te podría interesar