O Concello de Nigrán arrancou xa as obras que levarán o abastecemento de auga a prácticamente toda a parroquia de Parada. Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, corren a cargo da empresa COVSA, firma que resultou adxudicataria por 316.000 euros entre as 50 ofertas presentadas. “A realidade é que no século XXI os veciños de Parada so poden recurrir a pozos para obter auga, unha situación que urxe remediar precisamente nun momento de seca como o actual no están expostos a quedarse sen suministro; dende o goberno local consideramos que é unha obra urxente e moi necesaria, é un investimento fundamental”, valora o alcalde, Juan González.
Tendo en conta que é unha prioridade de goberno levar a auga a tódalas parroquias, no pleno do pasado mes de xullo decidiu asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente o convenio de 553.000 euros que contemplaba esta actuación -a corporación ao completo defendeu a vixencia do convenio, pero dende a Xunta se fixo caso omiso-. “É unha actuación comprometida dende o goberno socialista de Nigrán, como a Xunta non asume as súas responsabilidades debemos facelo nos, non podemos agardar máis”, sinala o alcalde, Juan González.
As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade ampliar a rede de abastecemento mediante a instalación dunha nova conducción que se enganche á xa existente no Parque Empresarial Porto do Molle e logo, a través dun bombeo, impulsar o auga ata un punto alto onde se construirá un novo depósito de regulación de 500 m3 _no Pico de Eiró, preto do paso superior da autoestrada AG-57_ dende onde posteriormente se dará servizo ás vivendas asegurando un subminstro óptimo. No entorno do Parque Empresarial Porto do Molle será onde se constrúa o pozo de bombeo que impulsará o auga ata este novo depósito.
“O primordial é que se fagan as obras e con este obxectivo as contratamos íntegramente dende o Concello, xa que un dos nosos compromisos electorais é levar saneamento e abastecemento a tódalas parroquias”, asegura González.
Por outro lado, o Concello de Nigrán está pendende dos diferentes informes sectoriais para iniciar as obras que levarán o abastecemento aos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda e que beneficiarán tamén á parroquia de Camos (barrios de O Castelo, A Lama y O Rial) e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332 (rúa dos Pazos). En total, máis de mil veciños se beneficiarán desta actuación que conta cun orzamento de 374.809,48 euros e que será financiada íntegramente pola empresa concesionaria Aqualia froito dun acordo co Concello. As obras previstas inclúen a súa posta en marcha xunto á instalación dunha nova canalización, un bombeo e un depósito.