O vindeiro luns 13 de febreiro, con motivo do ‘Día Mundial da Radio’, o instituto Terra de Turonio de Gondomar vai realizar unha emisión especial. Dende hai anos, o centro participa nas actividades promovidas por ‘Ponte…nas ondas! e a radio escolar constitúe un recurso educativo que se coordina desde o Equipo de Normalización Lingüística.
Toda a programación está realizada polo alumnado e o profesorado do centro contando coa colaboración de persoas e institucións da comarca. A programación especial de 8 horas de emisión poderá seguirse desde a Web do propio instituto e dende o coñecido portal escolasnasondas.com.
A programación será: 10.00–10.05 – Presentación da xornada especial de Radio Turonio . Alumnado 1ºB; 10.05–10.40 – Entrevista en directo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Inauguración do portal Web “Escolas nas Onddas’. Alumnado de 4º B;10.40–11.15 – Cantares do Brión. Entrevista a un membro deste coro tradicional. Alumnado de 4º; 11.15–11-30 – A Ecoaula, un modelo de aula sostible. Alumnado de 4º; 11.30–11.45 – A Familia Terrible. Entrevista a dous compoñentes do grupo de música tradicional Os Terribles de Donas, Alumnado de 3º; 11.45–12.00 – Un texano en Turonio. Entrevista ao lector de inglés, Peter, de Texas; 12.00–12.15 – ‘Aló Canadá’. Conexión por videoconferencia co ex-alumno Anxo Iglesias desde Canadá. Alumnado de 3º; 12.15–12.45 – Deletreando. Entrevista coa escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Veja. Alumnado de 4º; 12.45—13.00 – No Punto de Mira. Programa do alumnado de 1ºA; 13.00–13.15 – Teatro Radiofónico. Teatro radiofónico en inglés. Alumnado de 3º; 13.45–13.45 – Dúo Ameva.Entrevista co ex-alumno Diego Bea, membro do dúo musical Ameva. Alumnado de 3º.; 13.45–14.00 – Café Irlandé. Entrevista á familia Hamilton de orixe irlandesa. Alumnado de 1º C; 14.00–14.30 – O Leo. Entrevista co cantautor e ex-profesor do centro Leo i Arremecághona. Alumnado de 3ºA; 14.30–15.30 – Programas especiais elaborados en Radio Turonio; 15.30–16.00 – Concurso telefónico Quen Canta? Alumnado de 1º. Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251; 16.00–16.30 – Concurso telefónico Onde está o Premio? Alumnado de 3º.Chamadas en directo ao teléfono : 639 294 251; 16.30–17.00 – O meu cabalo.Programa sobre os cabalos do alumnado do instituto. Alumnado de 3º e 4º.; 17.00—17.30 – Gill@s do Galiñeiro. Programa do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural; 17.30–17.45 – Carlos Casares. Letras Galegas 2017. Programa do alumnado de PEMAR; 18.00 – 18.15 – Despedida da programación especial do Día Mundial da Radio.Alumnado de 1º.