Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Empezan as obras de adaptación do Anexo II do antigo Xeral para ampliar o Centro de Saúde

O Servizo Galego de Saúde  (SERGAS) inicia este luns a obra de adaptación funcional dos espazos do Anexo II da rúa Pizarro, no antigo Hospital Xeral,  co obxecto de ampliar o centro de saúde e habilitar unha área para unificar as Unidades de Saúde Mental de Coia e A Dobrada, que a día de hoxe están localizadas no Centro de especialidades de A Dobrada. Esta obra, cofinanciada cos Fondos Feder,  ten un orzamento de 798.849 €e un prazo de execución de tres meses.

A actuación proxectada para ampliar o actual centro de saúde, na planta 0, comprende  unha  superficie de 600,63 metros cadrados nos que vanse emprazar 15 consultas. A finalidade é trasladar algunhas consultas de adulto do centro de saúde de A Dobrada, que na actualidade ocupan espazos do centro de especialidades de A Dobrada.

Tamén vaise actuar na planta 1, para unificar as Unidades de saúde mental de Coia e A Dobrada, que hoxe en día tamén están emprazadas no Centro de Especialidades de A Dobrada. Esta nova área, cunha superficie de 784,92 metros cadrados, vaise dotar con 17 consultas, unha sala de psicoterapia e vestiarios, ademais doutra zoa con secretaría, sala de reunións, espera e aseos.

“A abordaxe das obras non implican cambios nos accesos, excepto ao de Rehabilitación, ao que se  accederá pola entrada da rúa Pizarro esquina con Padre Feijoo. O resto dos accesos ás distintas unidades asistenciais se manterán como ata agora, pola dúas entradas de Pizarro”.

Servizos asistenciais do Anexo II

O centro sanitario do Anexo II combina prestacións asistenciais de atención primaria e especializada. Así, nas súas  instalacións se ofertan os seguintes servizos: Punto de Atención Continuada (PAC); Centro de saúde de Bolivia; Unidade de Reprodución Asistida; Consulta de Esterilidade; Centro de Orientación Familiar (COF); Unidade de fisioterapia (ambulatoria); e as Unidades de Saúde Mental de Coia e  A Dobrada (unha vez finalicen as obras).

Hai que lembrar que na reordenación asistencial realizada polo SERGAS trala posta en funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro, se contempla que o Centro de Especialidades de A Dobrada deixe de prestar asistencia sanitaria e sexa devolto áo seu propietario, a Tesorería da Seguridade Social. Na actualidade, neste centro ofértanse as seguintes prestacións sanitarias: algunhas consultas de atención primaria e Unidades de Saúde Mental -ambas pasarán ao Anexo II-; e consultas de pediatría que se recolocarán no centro de saúde de A Dobrada.

You may also like