O Servizo de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro dispón, segundo informa o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dun sistema mediante o que, coas novas tecnoloxías, é posible realizar e rexistrar espirometrías a través dos dispositivos móbiles.
O proceso é moi sinxelo: utilízase un aparello de reducidas dimensións -pódese levar no peto- que dispón dunha cánula desechable e que se axusta ao móbil a través dun cable con clavixa para o conector dos cascos. Si se necesita descargar unha aplicación no dispositivo, que está dispoñible tanto para iphones como para smartphones. En concreto, a aplicación “Air Smart Spirometer”.
Unha vez conectado o aparello e aberta a aplicación no móbil o usuario soamente ten que soprar pola cánula, coma se tratásese dunha espirometría normal, sempre que o soplido dure polo menos 6 segundos. A propia aplicación mide o tempo necesario para realizar a proba, e avisa de se é correcta ou hai que repetila.
Concluído o proceso, a información da espirometría aparece na pantalla do móbil, cos datos obtidos e coa gráfica da proba. Os resultados poden arquivarse no propio móbil para a súa avaliación polo facultativo ou ser transferidos á plataforma dixital “É-Saúde”.
O Servizo de Pneumoloxía do Álvaro Cunqueiro testó o sistema nun estudo sobre 200 pacientes. Foron as pneumólogas Cristina Ramos e Marta Núñez, a supervisora, Mar Rionda, e as enfermeiras Luz Cerdeira e Blanca Alfonso, as que fixeron o traballo no que tamén participou persoal do Servizo de Pneumoloxía da EOXI de Pontevedra. Un estudo que serviu para corrixir algunhas pequenas deficiencias que se detectaron no sistema.
“Os resultados coincidiron cos que se obtiveron sobre os mesmos pacientes en espirómetros fixos instalados no hospital, polo que o uso do aparello e da aplicación do móbil é adecuado e moi práctico”, sinalan as pneumólogas Cristina Ramos e Marta Núñez, da Unidade de Función Pulmonar.
O sistema está xa operativo e supón unha vantaxe tanto para os propios especialistas como para os pacientes que desexen utilizala, así como para os centros de Atención Primaria nos que a realización de espirometrías é máis complexa. Tamén permite realizar a proba de forma inmediata en servizos de urxencias ou en consultas, o que supón unha vantaxe no momento de avaliar ao paciente, incluso sen necesidade de que acuda ao centro hospitalario. “A posibilidade de ter os resultados de inmediato supón unha importante vantaxe no seguimento dos pacientes, sobre todo dos crónicos”, explican as doutoras Ramos e Núñez.
“Outro dos beneficios deste sistema é que non necesita ser calibrado con periodicidade, como ocorre cos aparellos convencionais”, indican as pneumólogas. A adquisición do aparello que se conecta ao dispositivo realízase, ata agora, por Internet e a aplicación para o móbil é gratuíta.