É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@Xunta realiza obras de reparación en 133 centros escolares de Galicia que sofriron danos co temporal
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está levando a cabo obras de reparación en 133 centros escolares de toda Galicia co fin de arranxar os danos provocados polo forte temporal de vento e choiva acontecido que afectou a Galicia a principios deste mes.
Estas actuacións supoñen un investimento de arredor de 1,3 millóns de euros por parte da administración autonómica, en centros públicos das catro provincias galegas, aínda que as máis afectadas foron A Coruña, Ourense e Pontevedra.