Cultura Vigo al minuto

#InauguramosCidadeAcolledora cos refuxiados, este sábado en Vigo da man de Amnistía Internacional

Amnistía Internacional Galicia inaugurará este sábado, 4 de marzo nas sete grandes cidades a iniciativa ‘Cidades Acolledoras’ coa finalidade de axudar a persoas refuxiadas. Porén AI ven de convocar distintos actos nestas localidades para “conquerir o compromiso real das autoridades e dos concellos coa acollida de persoas refuxiadas”.

Amnistía Internacional explica que pretende que os concellos “fagan pública unha cifra verdadeira do número de persoas que teñen posibilidade de acoller” para “apertar ao Goberno central e que asuma dunha vez a súa responsabilidade de acollida daqueles que fuxen da guerra e da persecución”.

AI fará ‘actos de inauguración’ de cidades acolledoras nos concellos de A Coruña, Santiago, Ribeira, Lugo, Pontevedra, Ourense, Compostela e Vigo, aquí será ás 12 h. na Praza da Princesa, e será o alcalde de Vigo o encargado de facer chegar ás autoridades estatais o compromiso de que #Inauguramos Cidade, unha cidade acolledora.

No transcurso do acto, que será presentado polo artista vigués Cándido Pazó, procederase a facer o corte simbólico dunha cinta e intervirán Abel Caballero e o Coordinador de Amnistía Internacional Vigo, José Antonio Rodríguez.

Te podría interesar