A longametraxe ‘María y los Demás’ foi a triunfadora da XV edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. A cinta levouse 5 galardóns, entre eles o de Mellor Película e Actriz Protagonista, para Bárbara Lennie.
A serie ‘Dalia, A Modista’, obtivo catro premios a Covadonga Berdiñas, coma Mellor Actriz de Reparto, e as distincións á Mellor Dirección de Artes, Vestiario e Maquillaxe.
O documental Esquece Monelos conqueriu os premios ao Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografia e Mellor Montaxe.
Land Rober Tunai Show foi elixido Mellor Programa de Televisión e o seu presentador, Roberto Vilar, foi elixido coma Mellor Comunicador de televisión.
O lucense Luís Tosar levouse o premio ao Mellor Actor Protagonista polo seu traballo en ‘Cen Anos de Perdón’; o Mestre Mateo para a Mellor Interpretación Masculina de Reparto foi para Monti Castiñeiras, polo seu traballo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, A Modista.