Tres días de festexos para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra, e que terá como colofón unha manifestación o vindeiro 17 de maio en Santiago para protestar polo difícil momento que vive o galego. Con actividades dirixidas a todos os públicos, o programa arrinca hoxe coa proxección en galego da película ‘Gisaku’ (11 h) nos Yelmo Cineplex do Centro Comercial Travesía, unha iniciativa coa que resaltar que é precisamente o cinema un dos eidos no que o galego está ausente.
Gisaku é unha película animada feita en 2005 dirixida por Baltasar Pedrosa que, a pesares de ser española, realízase ao estilo de anime xaponés, sendo a primeira do seu xénero realizada en Europa. Unha idea que xurdíu dun concurso aberto pola Sociedade Estatal para Exposicións Internacionais para achegar a cultura e a realidade española á sociedade xaponesa durante a Exposición Universal de Aichi de 2005.
Xa pola tarde haberá unha visita teatralizada no Casco Vello que percorrerá as principais rúas do barrio da man de persoeiros como Martín Códax, Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro.