Así o asegura a xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR). Noelia Conde sinala que 19 establecementos ofrecerán artigos deportivos, complementos, calzados, productos de óptica, roupa para cativos ou confección,de 10 da mañá a 9 da noite, ininterrompidamente o sábado, e de 11 da mañá a 8 da tarde,o domingo, cunha rebaixa nos prezos do 50, 60, 70 e mesmo o 80%.
Merca na Rúa estará aberta na zona peonil do Porriño o sábado, e se trasladará ao Parque do Cristo, o domingo, día no que coincide coa disputa da Interrunning-Concello do Porriño.
Ademais, haberá todo un programa de actividades para as nenas e nenos, “para que os seus país e avós poidan comprar con tranquilidade”, entre elas inchábeis, na Praza de Antonio Palacios.