O domingo 19 de marzo ás 7 da tarde, no Auditorio Municipal de As Neves remata o ciclo “Inverno de Cinema” 2017 coa proxeción do documental “Fíos fóra” ,de Illa Bufarda, para Amarante Setem. Historias de obreiras entre costuras e patróns.
“Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada”, sinalan dende o Concello.
https://www.youtube.com/watch?v=iJY-q_VOWQI
Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Ao final da proxección os espectadores poderñan falar con Illa Bufarada