Os traballadores galegos son dos que menos gañan en todo o Estado: dacordo cos datos difundidos este xoves polo Instituto Galegos de Estatística (IGE), una media de 1.759€ ao mes, so máis que os extremeños- que gañan 1.648€- e os canarios-1.692-.
En Galicia so suben os soldos na Industria- que están, sempre de media, nos 2,291€, un 1,9% máis que o ano pasado-pola contra baixan un 4% na Construción- ata os 1.742€- e un 1,7% nos Servizos-1.630€ de nómina ao mes-.
Dacordo con estes datos, en 2016 a xornada laboral, sempre media, foi de 34,5 horas-máis que a media estatal-, ainda que engadindo as horas extra e restando as horas perdidas, serían 29,4 horas semanas de traballo.