Cultura

Galicia presente no “Salon mondial du Tourisme” de París

París acolle desde o pasado xoves a una nova edición do “Salon mondial du Tourisme” e Turismo de Galicia participa por segundo ano consecutivo para promover a oferta galega e as principais novidades do destino Galicia para o ano 2017.

O ‘Salón mondial du Tourisme’ de París, celébrase entre os días 16 e 19 de marzo no recinto Parc des expositions Porte de Versailles e nos últimos anos tense convertido nun dos principais certames turísticos de Francia, canto á afluencia de público e concorrencia de operadores turísticos.

Turismo de Galicia participa nesta feira cun recinto dentro do apartado dedicado a España desde o que difundirá os valores turísticos galegos e manterá reunións cos axentes de viaxes deste importante mercado emisor.

Un grupo de sete empresarios do sector turístico galego participaron tamén no certame baixo a coordinación da Cámara de Comercio de Santiago ao obxecto de manter encontros profesionais con operadores turísticos franceses.

Con máis de 117 mil viaxeiros aloxados e preto de 200.000 pernoitas rexistradas nos establecementos regrados de Galicia, o mercado francés representou en 2016 o 8,6% do total internacional. Francia situouse, así, no cuarto lugar en orde de importancia por detrás de Portugal, Alemaña e Italia.

A demanda turística francesa en 2016 presentou un comportamento positivo superando nun 5,5% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 12,7% o nivel de pernoitas do anterior ano 2015.

También te puede interesar