Cultura

@depo_es súmase ao Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial que se celebra este martes

A Deputación de Pontevedra únese o Día Internacional para á Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra este martes día 21 de marzo, no que neste ano adícase por Nacións Unidas (ONU) sobre todo os migrantes e refuxiados que son os principais obxectivos dos delitos de odio no ámbito internacional.

A presidenta da Deputación, subliñou este luns que estamos a ver día a día o través dos medios de comunicación como  a discriminación e os delitos de odio están dirixidos contra os migrantes e refuxiados “a parte da  poboación cunha maior desprotección”.

Carmela Silva indicou que coa conmemoración dun día internacional contra a discriminación racial, a ONU non só pretende concienciar acerca da secuela que supón o racismo senón, e moi especialmente, animar ás persoas para apoiar accións na súa vida cotiá que sirvan para defender os dereitos humanos dos demais; porque o racismo aféctanos a todos como sociedade e non só ás persoas que sofren a discriminación, porque unha sociedade tolerante co racismo é unha sociedade enferma, que crea segregación racial e con iso focos de pobreza e desigualdade social.

O Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1966: nesta data conmemórase o aniversario da matanza de 1960 en Sharpeville, Sudáfrica, na que 69 persoas desarmadas foron masacradas pola policía mentres realizaban unha protesta pacífica contra as leis racistas e xenófobas do Apartheid.

Segundo afirmou Silva, no noso país, os últimos datos publicados polo Ministerio do Interior sobre os Delitos de Odio en España, baseado nas denuncias presentadas no ano 2015, sinala que durante ese ano cometéronse case catro delitos de odio ao día en España e que as Forzas de Seguridade detectaron 1.324 casos, o que supón un aumento do 13% respecto ao ano anterior. O racismo é o principal motivo de delito de odio, representando o 38,2% (506 casos) do total de casos denunciados, que adoitan representar ao redor dun 10-15% dos casos que se producen, como sinala a Axencia Europea de Dereitos Fundamentais.

Silva considera necesario promover unha educación inclusiva e respectuosa coa diversidade étnica e racial para o que se fai imprescindible recuperar a materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, porque como dixo Mandela, “Ningunha persoa nace odiando a outra pola cor da súa pel, pola súa orixe ou pola súa relixión. Para odiar, as persoas necesitan aprender, e se poden aprender a odiar, poden ser ensinadas a amar”.

También te puede interesar