Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Xunstiza de Galicia estima correcta a actuación do Concello na adxudicación do mantemento de zonas verdes

O alcalde informou este martes da recepción por parte do Concello dunha sentenza da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o proceso de licitación do contrato de conservación de zonas verdes municipais na que que, sinalou, o alto tribunal considera “correcta” a decisión da mesa de contratación de excluír ás empresas Valoriza e Cespa do procedemento e adxudicar o contrato a Althenia.

Esta decisión do TSXGl invalida a do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que estimara a demanda destas dúas empresas e decide na contra dos seus recursos.

Tal e como explicou Abel Caballero, a mesa de contratación adxudicara no ano 2015 o contrato de conservación e reposición de zonas verdes da cidade á empresa Althenia, excluíndo a Cespa e Valoriza, unha decisión que demandaran as dúas concorrentes e que estimara o Tribunal de Recursos Contractuais, que decidiu que “debiamos retrotraer contrato e darllo a Valoriza”.

O Concello acatou a decisión xudicial pero recorreuna ao considerar que o órgano de contratación estaba no certo. Agora, o Tribunal Superior de Xunstiza de Galicia avala a actuación da mesa de contratación evidenciando que “a decisión municipal fora axeitada polo que a concesionaria, en función desta decisión, é Althenia e, ademáis, dálle enteiramente a razón ao Concello de Vigo”, concluiu Caballero.

You may also like