O Corredor do Morrazo rexistrará a partir do vindeiro martes, día 28, e ata o mércores 5 de abril, restricións de tráfico nun dos carrís do túnel existente no subtramo I, baixo o Castro de Montalegre. O obxectivo desta actuación é a realización de sondeos xeoténicos e avanzar nas obras de conversión en Autovía.
A restrición de tráfico establecerase o luns no carril dereito do corredor entre os puntos quilométricos 0+600 ao 1+200, en sentido Cangas, e e darase tráfico alternativo con sinalistas.
O tráfico restrinxirase nese carril dereito entre as 09.30 e as 20.00 horas de luns a xoves, e de 9:30 a 13:00 horas o venres. Restablecerase o tráfico no carril fóra deste horario.
A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.