Segundo informa a Consellería do Medio Rural, dende antes das 11 da noita deste martes esta controlado-non apagado- o lume que empezou ás 4 e media da tarde de onte na parroquia de Quins, no concello ourensán de Melón, e que, dacordo con datos aindda provisionais, quiemou xa unhas 20 hectáreas.
Na extinción traballan catro axentes forestais, 11 brigadas, 4 motobombas e outros catro helicópteros. Medio Rural subliña que o lume fora provocado pola combustión dun coche na A-52, en dirección a Vigo: as chamas espalláronse polo monte.
Medio Rural tamén sinala que pasadas as 5 da mañá deste mércores quedou apagado o incendio que queimou unhas 50 hectáreas na parroquia de Chaguazoso, no concello ourensán de Vilariño de Conso.
O lume comezara ás 12 da noite e nos traballos de extinción traballaron 3 axentes, 4 brigadas e unha motobomba.