Galicia

Actos en toda Galicia para honrar ao poeta lucense Uxío Novoneyra no ‘Día das Letras Galegas 2010’

uxíoA concello lucense de Folgoso do Courel acollerá hoxe os actos centrais do Día das Letras Galegas en homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra, un evento institucional organizado pola Real Acadamia Galega (RAG) para recordar quen foi, en palabras do seu presidente, Xose Luís Méndez Ferrín, “unha espléndida luminaria poética que fixo máis habitable a segunda metade do século XX”.

A RAG celebrará unha sesión plenaria extraordinaria e pública na antiga escola Seoane, a partir das 12.00 horas, nas que intervirán os académicos Manuel Rivas, Margarida Ledo, Darío Xohán Cabana e Manuel González. Posteriormente, pechará o acto o propio Ferrín para despois, ás 13.30 horas, celebrar a inauguración o novo CPI ‘Poeta Uxío Novoneyra’.

Este evento conmemorativo verase acompañado de diferentes actos de homenaxe nas catro provincias galegas, impulsados por concellos, institucións e asociacións de todo tipo co obxecto de reivindicar a figura do poeta a través da literatura, a reedición das súas obras máis destacadas, ou actuacións musicais.

A Consellería de Cultura e Turismo, o mesmo 17 de maio, organizou unha actuación especial no centro de Ensino de O Courel –13.00 horas– a través do grupo artístico ”Tender a man’, conformado pola poetisa Yolanda Castaño e Branca Novoneyra, filla do poeta, para mostrar “un novo xeito de ver e comunicar a poesía máis novo e actual”.

A maiores, organizou un ciclo de sete concertos denominado ‘Interseccións, A ollada de Novoneyra’, un espectáculo ao cargo do compositor Emilio Cao no que colaborou “con letra” o propio poeta homenaxeado, durante os últimos anos da súa vida. As actuacións serán entre as 20.30 e as 22.00 horas e terán lugar en escenarios emblemáticos de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago.

En Ferrol, o grupo de folk Berrogüeto ofrecerá un concerto no Teatro Jofre de Ferrol, no que toda a recadación obtida en taquilla se destinará á Fundación Manuel María para a adquisición da casa natal do escritor galego, en Outeiro de Rei (Lugo), para a súa conversión en museo dedicado á súa memoria

O Concello de Ourense porá en marcha unha exposición con libros que foron editados pola institución municipal durante os últimos con motivo do Día Das Letras Galegas. Pola súa banda, en Vigo, a partir das 20.00 horas o Verbum acollerá un concerto homenaxe a Novoneyra, con Maite Doo como interprete de versos musicados do escritor e con Baldo Martínez ao baixo.

En Lugo, o Goberno local impulsa unha exhibición de danza tradicional. Ás 12.45 horas, a praza de Santa María acollerá un desfile ata a Praza Maior, para despois iniciar a actividade amenizada con música de gaiteiros ás 13.00 horas.

Finalmente, a capital galega acollerá unha lectura pública de textos do poeta homenaxeado, que se iniciará ás 12.00 horas, precisamente, na rúa Uxío Novoneyra, no barrio compostelano de Conxo. Ademais o Museo do Pobo galego acolle unha mostra de primeiras edicións e colaboracións en publicacións en torno á obra do homenaxeado, que se poderá visitar ata o 30 de maio.

Manifestación

Na mesma cidade de Santiago de Compostela, a plataforma Queremos Galego convocou con motivo do 17 de maio unha manifestación para reivindicar os dereitos lingüísticos dos gallegofalantes e as potencialidades dos recursos propios da Comunidade galega.

 

También te puede interesar