Vigo al minuto

@abelcaballero adianta que o Concello creará 800 postos de traballo directos este ano cos programas de emprego

Desde primeiros de abril está en funcionamento a primeira quenda do programa ‘Vigo Emprega’ deste ano 2017, co que o Concello contratará a 111 persoas entre os meses de abril e setembro. Na segunda quenda, entre outubro e marzo de 2018, empregaranse outras 111 persoas, o que fai un total de 222 persoas que conseguirán un posto de traballo ao abeiro deste programa.

A tenor destes datos, o alcalde sinalou este martes que neste 2017 o seu goberno destinará máis de 5.400.000 euros á xeración de emprego directo, coa previsión de crear arredor de 800 postos de traballo, o que significa «a xeración de 2.400 empregos directos e indirectos».

Abel Caballero puxo en valor o «esforzo moi importante» que realiza o Concello en materia de emprego xuvenil co desenvolvemento de dous programa específicos, un de formación a través del Fondo Social Europeo de máis dun milón de euros e outro de axuda ao emprendemento cun importe de 200.000 euros.

Caballero apuntou que o goberno municipal dispón de axudas ao fomento da contratación directa e a estabilidade laboral dos contratos da mocidade nas empresas e prepara novos obradoiros cun importe de 200.000 euros cada un.

O Concello conta tamén con programas de xeración de emprego para un perfil amplo como o «Vigo Capacita» ao que dedica 300.000 euros, a convocatoria de axudas para que as ONG contraten persoal cun orzamento de 1 millón de euros ou as axudas a Conxemar e Seafood de 250.000 euros.

O alcalde afirmou a vontade do seu goberno de «seguir adiante co programa de emprego» ao que debe sumarse a creación de postos de traballo que supoñen as obras de humanización que promove o Concello, cun investimento de 25 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.