Vigo al minuto

Catro alumnos e unha alumna de FP da provincia seguirán a súa formación en Italia e Portugal dentro de ‘PracticumDepo’

Catro  alumnos e unha alumna de institutos de Formación Profesional da provincia  partirán a comenzos de maio a Italia e Portugal para  desenvolver as súas prácticas en empresas de ambos países dentro do proxecto “Practicum Depo-Erasmus+”.

Este mércores desenvolveron unha xornada formativa na Deputación de Pontevedra para coñecer todas as necesidades dos seus viaxes e as estancias en ambos países europeos.

En concreto estes cinco alumnos son dous do  IES Chan do Monte, que van a  Italia ; un do alumno del IES Plurilingüe de Turonio, con destino a Italia; unha  alumna do  IES Ricardo Mella, tamén a Italia; e o último dos  alumnos  é do IES de Rodeira, con destino a  Portugal. Son das especialidades Sistemas Microinformáticos e Redes, Actividades Físico Deportivas no Medio Natural, Emerxencias Sanitarias, e  Instalacións de comunicacións.

“Practicum Depo” permitirá que en total este ano 2017 sexan 101 alumnas e alumnos e outras 5 persoas docentes de Formación Profesional de grao medio as que se despracen arredor do continente. Precisamente é a mobilidade do profesorado unha das maiores novidades desta edición do “Practicum Depo”, coa que estes cinco profesores e profesoras (do IES Chan do Monte en Marín, o IES Salvaterra de Miño, o IES Pintor Colmeiro de Silleda e o IES Ricardo Mella mailo Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico de Vigo), que se desprazarán ata a Alemaña, Finlandia, Irlanda, Italia e Malta, realizarán tarefas de “job shadowing”, isto é, desprazarse ata diversas empresas para coñecer os métodos e procedementos que realizan para desenvolver as prácticas do seu alumnado.

Tras a partida do profesorado quedará outra mobilidade de 75 alumnos e alumnas que partirán no mes de setembro. Xa no mes de xaneiro outros 22 alumnos e alumnas de institutos da provincia participaron na primeira mobilidade do proxecto “Practicum Depo”.

O programa europeo “Erasmus+” ten por obxectivo que os e as participantes adquiran novos contidos relacionados coa súa profesión, coñecendo á vez a cultura do país de destino e mellorando o dominio de linguas estranxeiras, ademais de poder detectar oportunidades de emprego e, en definitiva, complementar os seus coñecementos. A primeira edición de “Practicum Depo”, desenvolvida durante o ano 2016, contou coa participación de 123 alumnos e alumnas procedentes de 18 centros educativos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.