Galicia

Persoal do 112 Galicia alerta de que a nova sede da Estarad está “colapsada” e mesmo teñen que chamar ao exterior con teléfonos móbiles

Mentres o Goberno de Galicia asegura- como publicou este domingo vigoalminuto- que todo funciona sen problemas na nova sede do 112 Galicia na Estrada, os representantes do comité do 112 e outros servizos de emerxencias-entre eles persoal do 061, da plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (Asgate) e da Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (Tesgalicia)- aseguran que a nova central está “colapsada“.

Isabel Moares, presidenta do Comité de Persoal, ven de denunciar que a Dirección Xeral de Emerxencias, que depende do Goberno galego, “pasa por enriba de todo e de todos, márcanos uns servizos mínimos ilegais, do 100%, sáltase un auto dun xuíz; e criminaliza a actitude dos traballadores perseguindo e acosando ao persoal”.

Moares lembra que os membros do 112 de Galicia son os mesmos que “fixeron fronte á vaga de lumes do 2006, ao Prestige e ao accidente do Alvia, e sacaron o traballo adiante”.

Agora, subliñou, están “superados e frustrados”, porque, “esta é a realidade, o programa está colapsado e a plataforma informática non funciona, mesmo temos que facer chamadas ao exterior a través de teléfonos móbiles”.

 

You may also like