É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másUn millar de nenos sacan o balonmán á rúa
Tres anos sacando o balonmán a rúa, o primeiro en Vigo. A Praza da Estrela encheuse de preto de mil nenos que dende as 10:30 horas e ata as 18:30 horas desta tarde diputarán ata 180 partidos de 10 minutos de duración cada un nas seis pistas dispostas para a ocasión. Nesta edición inscribíronse en total 98 equipos (33 da categoría benxamín mixta, 44 da alevín mixta, 13 da infantil masculina e 8 da infantil feminina) e cada un xogou polo menos tres partidos.
O bo tempo acompañou nesta actividade na que tamén participaron 109 técnicos e 24 árbitros. Este acto pon fin á tempada nas 96 escolas de balonmán que levan abertas en 21 concellos da provincia dende outubro e nas que participaron preto de 1.800 mozos de todas as idades. Un xeito único de recuperar un deporte que estaba perdendo canteira e que agora comeza a conseguir de novo bos resultados.