Vigo al minuto

Vigo sae á rúa polo 1º de Maio

Milleiros de persoas saíron á rúa este 1º de Maio en Vigo para rexeitar a política económica do Goberno do Estado e do de Galicia, denunciar a perda de dereitos dos traballadores, a precariedade laboral, o empobrecemento de millóns de asalariados que non chegan a cobrar nin o Salario Mínimo, e esixir a derogación da Reforma Laboral ipulsada polo Partido Popular.

A CIG aproveitou a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da “recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise” e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras. A central conmemora esta data coa convocatoria de 13 mobilizacións nas principais localidades do país baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.

Dende a CIG lembran que nos últimos oito anos os diferentes gobernos do PP e do PSOE atacaron por medio de reformas lexislativas os principais dereitos conquistados pola clase traballadora na súa historia constante de loita. “Amparados na crise tomaron por asalto as nosas pensións, os dereitos laborais, os salarios, reduciron ou a nosa protección e cobertura sanitaria”, sinalan.

Isto fixo que hoxe a pobreza estea relacionada con traballo precario, cos contratos parciais, cos máis de 2 millóns de persoas que esgotaron as prestacións por desemprego e co 32% de traballadores que teñen un salario inferior ao SMI: 707 euros ao mes.

Ao mesmo tempo, sinalan que o do Estado español é o único caso no que o total dos salarios da clase traballadora descendeu nestes últimos seis anos preto dun 11%. Mesmo en Portugal, neste mesmo período, os soldos subiron un 4,45%, mentres que en Alemaña e Francia o incremento superou o 9%.

Pola súa banda, CCOO y UGT nun manifestó conxunto, entre outras importantes revindicacións piden ao Goberno do Estado, das Comunidades e aos partidos do Parlamento que “apoien e impulsen as reformas e cambios precisos para facer posible que o aumento da producción e da riqueza , beneficie ao conxunto da sociedade, en especial á clase traballadora, especialmente castigada na última década”.

Ademáis, consideran “imprescindible” unha reforma fiscal integral, que leve a más ingresos e reparta mellor os esforzos, ademáis da posta en marcha dunha Prestación de Ingresos Mínimos, “para sacar da miseria ás  630.000 familias sen recursos”.

Te podría interesar