Esta sábado, día 17, empeza a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra e non se poden capturar nin comercializar ata o 13 de novembro. En Lugo a prohibición comezará o 1 de xullo e estenderase ata o 3 de decembro.
A centola pecha unha campaña que deixa preto de 3,5 millóns de ingresos na lonxa. Sen contabilizar aínda as venda dos últimos días, trátase do mellor dato dos últimos 16 anos, e iso que as descargas deste marisco baixaron un 21%.