Preto do 100% dos autobuses de Galicia están parados este mércores, segundo día da folga do transporte por estrada. 67.000 nenas e nenos quedaron sen transporte escolar logo de que, coma este martes, os traballadores do sector secundaran, na súa totalidade, o paro convocado en contra do plan de reordenación das liñas, que pretende aprobar o Goberno de Galicia.
A xuízo do Executivo galego veñen de incumprise os servizos mínimos establecidos, que eran do 100% do transporte escolar e do 40% das viaxes regulares, por iso a Xunta vai a abrir expediente informativo, que pode acabar en multas para as empresas polo incumprimento dos mesmos.