Destacados Vigo al minuto

Campamentos de verán específicos para discapacitados en Vigo

A concelleira de Benestar Social, María Méndez.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez.

Este verán haberá lecer para todos. O Concello de Vigo disporá de 70 prazas para persoas con discapacidade “bastante severa” para participar nos campamentos que se celebran en xullo e agosto, ás que haberá que sumar o 10 por cento das prazas de integración reservadas no resto de campamentos. Con monitores capacitados, esta iniciativa pretende ser un lugar de entretemento con actividades diversas para os participantes pero tamén un respiro para os pais.

O programa ‘Verán de Lecer’, no que poden participar persoas con discapacidade de máis de 6 anos empadroadas en Vigo, desenvolveranse en dous sitios distintos. No mes de xullo será no Verbum, con 20 prazas para personas de 6 a 30 anos e 5 para maiores de 30. O horario será de 10 a 14 horas e o custo de 5 euros á semana pola participación no campamento e 10 polo servizo de transporte. En agosto, a situación cambiará: haberá 15 prazas para rapaces de 6 a 30 anos e 30 para maiores de 30. Será no Centro Aspanaex de 10 a 16 horas, con comedor incluido. O prezo será de 8 euros á semana pola participación no campamento, 10 euros semanais polo transporte e outros 25 á semana por comedor.

Aínda que o número de prazas ofertadas é de 70, ao ser rotatorias e poder solicitar unha soa semana, o número de participantes é maior. Xa o ano pasado pasaron por estos campamentos preto de 140 persoas. A solicitude terá que facerse no Rexistro Xeral do Concello ou no centro no que se atope a persoa discapacitada cubrindo un impreso acompañado dunha fotocopia do DNI, unha ficha de coñecemento persoal, a autorización, unha foto do solicitante e prescricpción médica e posoloxía de medicamentos se ten que tomalos.

También te puede interesar