Comarcas

@ArboConcello abre o prazo para a inscrición no Campamento de Verán

Un ano máis o Concello de Arbo oferta, para os nenos e nenas  de entre 3 e 13 anos, o Campamento de Verán, que comezará o vindeiro luns, día 3 de xullo, e rematará o 31 de agosto.

Durante ese tempo os nenos realizan actividades ludicas, de lecer e deportivas encamiñadas a unha forma de conciliación laboral – familiar durante os meses de vacaciones dos centros educativos.

O Campamento de Verán será en horario: 9.00/10.00 h ata ás 13.00/14.00 h  de luns a venres, no C.E.I.P “Antonio Carpintero” .

As taxas serán de 20€ para cada nena ou neno, por quincena, da mesma realizarase unha redución do 50% cando se asista cun irmán ou irmá, e haberá exención para terceiros e sucesivos. Non se aplicará ningunha taxa cando ambos pais se atopen nunha situación de desemprego -achegarase documentación acreditativa-. As prazas ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirse e para calquera consulta os interesados poden dirixirse o Concello de Arbo ou chamar o 986 665 000, o prazo de inscripción empeza o vindeiro mercores, día 28 de xuño.

También te puede interesar