Vigo al minuto

O Concello aproba conceder 1.947 axudas para aloxamento, enerxía e alimentación a outras tantas familias de Vigo

O goberno local aprobou este xoves a resolución do Programa Municipal de Axudas a Familias para gastos de aloxamento, enerxía e alimentación. Tal e como explicou o alcalde, recibíronse 2.751 solicitudes, das que se concederon 1.947 e se denegaron 840.

Respecto da distribución da partida orzamentaria -1.640.000€ en total- 408.000€ son para alimentación, 316.000, para subministros e 876.000, para vivenda. Abel Caballero sinalou que a partir do mércores, 5 de xullo, os beneficiarios poden pedir cita para recoller a súa achega.

O Concello reserva 40.000€ para eventuais recursos de solicitantes que, en caso de non esgotarse, súmanse ao programa contra desafiuzamentos, dotado con 842.000€, o que fai que “a inversión municipal en políticas de vivenda sexa  de 2,5 millóns”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.