Coa apertura simbólica das portas da Muralla de Lugo a cargo da Guardia Pretoriana deu comezo este venres o Arde Lvcvs MMXVII, que estrea nesta edición o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional. Posteriormente, as tropas romanas e as tribos castrexas, acompañados pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Deputación, Darío Campos, e outros membros da Corporación Local, desfilaron polas rúas do casco histórico.
Para celebrar este recoñecemento acadado recentemento, o Concello e as 18 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos organizaron máis de 300 actividades para esta fin de semana, dirixidas a todos os públicos, cuarenta delas novidosas.
La Guardia Pretoriana recorre las calles de #Lugo #AhoraMismo Ambientazo en el #ArdeLvcvs17 pic.twitter.com/mQdKB5orpx
— A3Galicia (@Antena3Galicia) July 1, 2017
Nesta primeira xornada tamén se inagurou o Macellum da Praza Maior e a Castra de Lvcvs Avgvsti.