O corredor do Morrazo rexistrará este martes, día 11 de xullo, un novo corte de tráfico, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde, coa fin de realizar voaduras no tramo II para “seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía”, sinala o Goberno de Galicia.
Este peche ao tráfico responde á “necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores”, engade a Consellería de Infraestruturas que lembra que ista é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2, e o tramo 3 ven de ser adxudicado e as obras comezarán este mesmo verán, momento en que a totalidade da Autovía do Morrazo estará en execución, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.