A programación musical da primeira edición de Vive Nigrán contará con catorce propostas do panorama nacional independente e catro dj’s. O concibido como un ‘Picnic-pop festival’ terá lugar o 26 e 27 de agosto no antigo campo de fútbol de Lourido, no entorno de Praia América.
O peche de cartel engade cinco novas formacións ás xa anunciadas, quedando a programación por días do seguinte xeito: Sábado 26.- Marem Ladson, New Day, Picnic Pop DJ, Bflecha, Basanta, Joe Crepúsculo, Viva Suecia, Las Bistecs; Domingo 27.- Duques de Monterrey, Tachenko, Picnic Pop DJ, Isaac Pedrouzo, Edu Romero DJ, Espiño, Os amigos dos músicos, Morgan, Da Chick.
Na búsqueda da melodía perfecta incorpórase a coñecida formación de indie pop Tachenko. Poderemos disfrutar da calidade das suas letras pegadizas e moitos dos seus grandes éxitos como Escapatoria, Vámonos ou El Respland’or.
A ourensá Marem Landsom, achegará ao festival a súa voz profunda e chea de matices. Esta moza de 19 anos, quen lanzou recentemente o seu primeiro single “All My Storms”, é unha das tres artistas seleccionadas polo Proxecto Prisma, unha iniciativa que pretende dar visibilidade a artistas menores de 23 anos a través dun programa que combina a formación, a asesoría e a experiencia da música en vivo, e coa que colabora o Vive Nigrán, entre outras organizacións.
E por último, a banda novel nigranense Atlantic, formada a mediados de 2015 que pronto extendeu o seu radio de acción a toda a área metropolitana de Vigo, intercalando nos seus concertos “covers” coas súas propias composicións, dentro dun estilo ecléctico na órbita do indie rock.
Súmanse tamén a esta primeira edición catro dj’s: Isaac Pedrouzo, que ten percorrido todo o circuíto de salas alternativas de Galicia como DJ convidado ata que botou raíces no Café & Pop Torgal de Ourense, cidade de orixe. O vigués Edu Romero combina o seu traballo como parte do persoal de Coconut producciones co de baixista do grupo Nadadora, picadiscos para Onda Cero e DJ en varios eventos, como o Festival de Cans. É un dos DJ’s máis coñecidos do panorama galego; e foi tamén encargado da programación do emblemático La Iguana Club, de Vigo. Pola súa banda
Rapariga dj é unha polifacética muller con diversa experiencia en locais de Pontevedra, Vigo e Compostela, de ecléctica selección cañeira e bailable, sempre de música feita por mulleres, independentemente do estilo e a época. Con Cristina Pontanilla escoitaremos funk, stoner, rock&roll e temazos swings que tanto nos gustan bailar. Poderemos disfrutar tamén da sesión de Picnic Pop dj, onde o arte pop e espíritu espontáneo do picnic vencéllanse nun menú especial en mantel de cadros para vivir unha tarde divertida sobre a herba.
Melodías naif e tecnopop serán elementos fixos na sesión de Juan Rivas, de ampla traxectoria no mundo da música como autor e intérprete pop, dj e programador.
As primeiras confirmacións do festival foron o dueto catalán Las Bictecs, máximo exponente Electro-disgusting, definido por elas mesmas, Alba e Carla, como a corrente artística que pretede molestar e non deixar indiferente a una sociedade saturada de información, Joe Crepúsculo, herdeiro do pop de discoteca máis bailable, Viva Suecia, que marca esta cita como a única en Galicia este verán e o novo proxecto Basanta, aposta local que pretende dar voz a natureza con harmonías que recordan melodías sesenteiras. Tamén estará Da Chick, proxecto espacial con base en Lisboa de Teresa Sousa, pura provocación a ritmo de disco soul e boogie funk de directo deslumbrante e a nova formación de Amparo Llanos, New Day, que xurde directamente dende o corazón cara un novo comezo para deixar claro que, tras 24 anos con Dover, inda ten moito que dicir.
Incluído no circuito Rías Biaxas Fest, Vive Nigrán será a última parada das 8+1 que patrocina a Deputación de Pontevedra. A aposta do Concello de Nigrán que conta tamén co patrocinio da cevexeira Mahou, pretende converterse nun referente para os aficcionados á música en directo nun espazo natural único, concertos a pé de praia e actividades paralelas para toda a familia ao longo dos dóus días. Xogos ao aire libre, un market, foodtrucks, obradoiros e charlas debuxan a filosofía deste Picnic Pop Festival ideado para gozar todo o día en familia.