É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Asociación Veciñal de Teis consigue que un barco con 250 veciños saia do peirao da ETEA con rumbo a Cíes
A Asociación Veciñal de Teis organiza, como nós últimos anos, este vindeiro domingo 16 de xullo, unha excursión para veciñanza, para ir as illas Cíes.
Nesta ocasión, como novidade, o barco partirá dende o peirao da ETEA ás 11 da mañá, e voltará ás 9 menos vinte da noite, ao mesmo lugar. O barco xa esta completo e son 250 veciños os que realizarán esta excursión.
A decisión de saír do peirao ETEA, evita que a veciñanza teña que ir coller ao barco a Estación Marítima de Ría, “permite pode usar un peirao en bo estado de conservación e amosa as potencialidades dos terreos da ETEA”.
Esta asociación, sinalan os seus responsábeis, conseguiu “logo de moitas xestións” unha autorización puntual para usar o peirao da ETEA.