‘Poéticas para unha vida’ continúa esta tarde no Verbum-Casa das Palabras de Samil con dúas novas actuacións. Ás 20 horas saltará ao escenario a viguesa Estela Lloves, especialista en danza e creadora de 6 pezas ás que hai que sumarlles o traballo que está preparando na actualkidade, ‘Knochenblume’, unha peza de solo. Formaza en danza e teatro-físico, en 2006 fundou a súa propia compañía, Cía Arraiana, establecendo colaboracións con distintos artistas.
Ás 21 horas é a quenda de Ad Hoc, que comezou sendo unha aposta polo xogo e polo amor á poesía e á música. Son amantes dos riscos da improvisación compartida a partir dun núcleo conceptual que se vai desenvolvendo aos poucos e transformando en artefactos polipoéticos simples.