Galicia

@Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas na provincia de Ourense e amarela en Lugo e Pontevedra

O Goberno de Galicia ven de activar a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do Miño e no sur da provincia de Ourense.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse os 39 graos a partir das primeiras horas da tarde deete domingo. Nas provincias de Lugo e Pontevedra está activada a alerta de nivel amarelo.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.

Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións: Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados; teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle; tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor; vístase con roupa axeitada, de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza; evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día; interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas; nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo pechado.

También te puede interesar