Dacordo cos datos do Informe de Afogamentos, que fixo público a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, Galicia é logo de Andalucía, a comunidade con más mortes por afogamento en espazos acuáticos ata o 15 de xullo, con 38 mortos.
Polo que se refire a todo o Estado, no que vai deste ano, 246 persoas morreron afogadas en espazos acuáticos, o peor dato dende 2014. En 2016 morreran 238 persoas e en 2015 foron 167.