Unha comedia para escachar de risa que aborda as neuras da sociedade contemporánea e urbana a través dunha serie de personaxes que se caracterizan por ser xente moza, desenfadada e aparentemente deshinibida pero que en realidade ten problemas de aceptación co seu corpor e consigo mesmos. Este é o espectáculo que traerá esta tarde (20:30 horas) Ónfalo Teatro ao Centro Cultural Caixanova, ‘Neuras’, o sétimo montaxe da compañía e a primeira obra que estrea a escritora María Xosé Queizán, unha das autoras máis recoñecidas da nosa literatura e pioneira do feminismo en Galicia.
Unha montaxe que aborda temas fundamentais como o respeto a quen se sente diferente, a nós mesmos, á tiranía da moda, a busca da fidelidade, a parella ou ao amor. A esas pequenas ou grandes cousas que nos traen de cabeza durante toda a nosa vida. Vamos, pouco tempo.
Consegue a túa entrada comprandoa a través de Internet, chamando ao 902 504 500 ou un par de horas antes do comezo do espectáculo na mesma taquilla do teatro. O prezo é de crise: entre 3 e 9 euros. Non o perdas!