Medio Rural deu por apagado o lume que prendera o pasado venres na parroquia de Flariz, no concello de Monterrei e que, dacordo coas primeiras estimacións, ainda provisionais, arrasou máis de 190 hectáreas.
Na extinción das lapas traballaron 2 técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, unha pa, 11 helicópteros e 4 avións.