A fin de semana comeza en Cans ben cedo. Xa a partir das 16 horas o Baixo do Moncho convertirase nun hervideiro de bo cine co que quentar motores do que se prevé unha longa noite, e non de pedra precisamente. A tarde arranca coa proxección de curtas de animación de Portugal, na que se poderá disfrutar de ‘A cor negra’, de Paulo Sousa y Silvimo Fernades; ‘A meio da noite’, de Fernando Saraiva; ‘Annual Report’, de Cristina Braga; ‘Melodia Amarga’, de Pedro Moura; e ‘História trágica com final feliz’, de Regina Pessoa.
Se aínda quedas con ganas, ás 17 horas chega Cine na Raia coa presentación de longametraxes transfronterizos de Chelo Loureiro (‘As aventuras de Xoán Sen Medo’), Xosé Zapata (‘Dodu, o neno de cartón’) e Eloy Enciso (‘Arraianos’). E ás 18 horas chega Fillos de Cans coa presentación das longametraxes ‘Mar libre’, de Dani de la Torre; ‘Linko’, de Xosé Zapata, ‘Retratos’, de Luis Avilé; ‘Holy Night’, de Juan Galiñanes; e ‘A tropa de trapo’, de Chelo Loureiro.
Como Cans non ten nada que envexar ao seu hermanastro francés, ás 19:30 horas chega á vila o estreno mundial de ‘Naipe de Sangue’, o primeiro grelo-wester, feito en galego e na que participan persoeiros como Silvia Superstar ou Eladio Santos. É a revisión galega do xénero épico por excelencia, e non lle falta de nada: pistoleiros, vaqueiros, cabalos, amor, sangue, fuxitivos e vinganza. O filme é unha homenaxe a Marcial Lafuente Estefanía, o mítico escritor de novelas populares do Oeste. O evento, no que participará Federico Lafuente, fillo de Marcial que aos seus 80 anos ven desde Alacante para desfrutar de Cans, promete ser máis que un estreno con cowboys e cabalos. Se non chegas a tempo, tranquilo: a reposición será mañá ás 22 horas no Jalpón Friki.
Moito máis que cinema
O agroglamour encherá as rúas de Cans a partir das 21:30 horas coa procesión de chimpíns e cowboys, que irá ata o torreiro da vila acompañada do grupo de bombos Os Zés Pereiras de Fragoso. E ao chegar alí presentación dos xurados do festival, do ‘making off’ da última edición e entrega de premios varios: do concurso de videoclips coa proxección dos gañadores (22:30 h), dos Chimpíns de Prata a Víctor Fábregas e Moncho Fortes e do Premio de Honra Pedrigree’2010 a Ernesto Chao.
Este ano, moitas caras coñecidas entre o xurado. Os encargados de premiar as curtas serán o actor e monologuista arousano Carlos Blanco, a actriz viguesa Sara Casasnovas, o escritor Suso de Toro, a cineasta Patricia Ferreira, o humorista Xosé A. Touriñán, a guionista e presentadora dos deportes na TVG Araceli Gonda e da actriz María Tasende. Mentres, os videoclips estarán en mans do guitarrista de Los Planetas Florent Muñoz, a poetisa Yolanda Castaño e do vigués Iván Ferreiro. Ademáis, por primeira vez habeá un xurado veciñal, a cargo de Divina do Castillo (77 anos), Manuel da Taberna (76 anos), Carme da Carreira (75 anos), Telmo Pereiro (64 anos) e Pedro de Placer (36 anos).
E chegou a música
A festa musical comezará ás 23:30 horas coa actuación da Furancho Wester Band, con Silvia Superestar e Elodio. As 00:30 horas chegará o concerto de Coque Malla no torreiro con máis dunha sorpresa baixo o brazo. Ex Los Ronaldos, agora presenta o último dos seus tres discos en solitario nunha xira en acústico, aínda que a Cans trae a toda a banda para facernos desfrutar cunha edición especial de ‘La hora de los gigantes’. E a partires das 02 horas sesión DiscoChimpín no Bar A Escola Vella con Constan Chao. ¿Vas perder tanta emoción?