Un lume que prendeu preto da 1 e media da tarde deste xoves no parroquia de Garabás, no concello ourensán de Maside, está activo e sen control, segundo informa a Consellería de Medio Rural.
As lapas queimaron xa 38 hectáreas, segundo as estimacións provisionais do Goberno de Galicia. Neste intre loitan contra o incendio 13 helicópteros, 4 avións, 9 motobombas, 20 brigadas, 4 axentes, unha pa e un técnico forestal.