O Concello quere “permiar” a todos os veciños e veciñas de Arbo , así como os do Concello de Melgaço, por ter confiado un ano máis e escoller as instalacións municipais da piscina de Arbo, “para gozar dun verán divertido e refrescante” e, con tal motivo, ccomo informa o propio concello, dende este luns, día 28 de agosto e ata o domingo, día 3 de setembro , a entrada o recinto os bañistas será de balde.
“Con esta medida un ano máis seguimos apostando polos atractivos da nosa vuila, polo que Arbo pode ofrecer, e animamos aos que todavía non fixeron uso deste emprazamento, a que o veñan a descubrir, nesta ultima semana que nos queda”, sinalan dende o Concello.
A piscina municipal abriu o pasado día 3 de xullo, as súas portas cunhas instalacións melloradas e coa contratación dun servizo de control de calidade, para cumprir coas esixencias establecidas na normativa sectorial de aplicación e fixadas pola autoridade sanitaria.
“A intervención foi necesaria debido o gran deterioro que sufriu a instalación nos últimos anos e que conleva a melloras sanitarias e de seguridade, empregan materiais e sistemas constructivos de uso habitual, dotando o equipamento deportivo dunha mellor estética e seguridade para os bañistas, e o interese do Concello de Arbo”, manifesta o alcalde, Horacio Gi, quen salienta que o obxectivo é o de seguir mellorando a parte dos baños e as pistas deportivas, asi como o parque infantil para que o vindeiro verán, poidan ser máis atrativas para o disfrute de todos.