Cultura Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de «irresponsable e improvisada» a xestión da Casa da Xuventude «froito do seu desmantelamento»

O Grupo Municipal da Marea de Vigo non foi quen de conseguir información sobre o futuro dos servizos xuvenís, mais aló do cese da xestión actual, denunciado encarecidamente polo cadro de persoal dos centros en cuestión, ao non sacar a concurso a xestión dos centros ou prorrogar o servizo.

Mais, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta “especialmente chamativo” que, o mesmo día no que as 6 traballadoras da Casa da Xuventude e o Punto Xove perdían os seus empregos, o Goberno Municipal presentaba en Xunta de Goberno Extraordinaria unha petición de subvención á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a contratación dunha persoa técnica destinada a este servizo, onde se describe con minuciosidade a importancia que ten, na nosa cidade, a oferta de servizos á xuventude. “E máis chamativo aínda cando, o documento utilizado para a xustificación da solicitude da subvención ten o mesmo contido que a memoria feita polas traballadoras cando se solicitou a prórroga do servizo”.

E por isto que, no día de hoxe, e en base ao actual Regulamento Orgánico do Pleno do Concello, “visto o acontecido nos días posteriores ao cese do servizo”, o Grupo Municipal da Marea de Vigo rexistrou unha nova moción de urxencia cara ao Pleno que terá lugar este mércores.

Para a Marea de Vigo, “o que está acontecendo coa Casa da Xuventude e o Punto Xove, responde a mesma falta de vontade política deste Goberno Municipal sobre certos servizos e cuestións que deben considerar non aportan rédito electoral ao seu proxecto político”.

«Neste caso tocoulle a Casa da Xuventude e o Punto Xove, e en definitiva, á xuventude viguesa, do mesmo xeito que, cando, fai xa dous anos, aniquilouse o programa «Súbete ao Castro», que non foi substituído por ningún outro programa cun nivel similar de usuarias e usuarios» explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.