O Concello ven de negra calquera relación de Protección Civil de Vigo cos cans que apareceron en condicións de abandono con graves feridas e sen alimentar no domicilio dunha parella de Chapela.
Nunha nota, o Concello desminte rotundamente a información dalgún medio no que se vencellaba o feito de que un dos membos desa parella fose integrante da Agrupación Protección Civil de Vigo coa posible vinculación dos cans con esta agrupación.
Nunha nota remitida á prensa o Goberno local sinala que “ante os indicios da vinculación dun voluntario de Protección Civil de Vigo a un caso de suposto maltrato animal, o Concello de Vigo vai proceder ao inicio de dilixencias informativas para suspender provisionalmente a esta persoa do servizo”.
Ademáis, engade que “o Concello de Vigo quere aclarar que, se ben o dono destes animais é membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, esta unidade de apoio nunca tivo vínculo algún cos animais, aos que o dono achegaba a algunhas actuacións por decisión particular. O propietario dos mesmos nunca solicitou apoio algún para o coidado dos animais, absolutamente alleos á Agrupación. O Concello de Vigo lamenta profundamente o estado de abandono destes cans, unha situación da que nunca tivo coñecemento algún”.